LA ARGENTINIDAD….. AL PALO

Política, Videos, Ciencia,Cultura, Espectáculos, Cine, Deportes, Tegnologías, Arte, Humor, Música, Reportajes. ETC

La Oreja de Van Gogh e Fito abrirán o ciclo de concertos NetClub Caixa Galicia

Posted by LA ARGENTINIDAD ...AL PALO en octubre 30, 2006

https://i1.wp.com/es.terra.com/lodvg/img/noticias/noticia22b.jpg

A CORUÑA. O programa de concertos «NetClub Caixa Galicia» inicia a súa andadura da man de dous éxitos seguros:

 

La Oreja de Van Gogh (LOVG) e Fito y Los Fitipaldis. Álvaro García Diéguez, director adxunto de Deseño e Desenvolvemento de Negocio de Caixa Galicia, e Ramón Barros, xerente de Cávea Producciones, presentaron un programa que pretende achegar artistas de primeira fila a esta terra.

 

O grupo donostiarra protagonizará a estrea desta serie de recitais. Na cidade herculina despediráse dos seus seguidores en España para iniciar unha rota americana que os conducirá no mes de novembro polos Estados Unidos, Puerto Rico e a República Dominicana.

 

O conxunto liderado por Amaya Montero visita por terceira vez A Coruña para presentar o seu último disco, «Guapa», que motivou nos últimos meses un intenso tour por cidades españolas e diferentes países latinoamericanos.

 

Case 5.000 entradas (aproximadamente o 60% do aforo) xa foron vendidas e a chea do recinto é case segura neste novo evento de Cávea Producciones, promotora e organizadora de espectáculos participada ó 100% pola corporación Caixa Galicia. LOVG recibiu por «Guapa» unha nominación aos premios Grammy Latinos 2006 na categoría de mellor álbume vocal pop de grupo e outra aos MTV Europe Music Awards 2006 na de mellor artista español.

 

Despois de abrir en Oviedo a xira de presentación de «Por la boca vive el pez», o seu derradeiro disco, o pasado 3 de novembro, o grupo Fito y los Fittipaldis será o segundo prato forte do programa artístico dos concertos «NetClub Caixa Galicia».

 

O grupo liderado polo bilbaíno Fito Cabrales estará no Instituto Ferial de Vigo o próximo 17 de novembro, e continuará o seu periplo por Galicia ó día seguinte no Coliseum de A Coruña.

 

As localidades para ámbolos dous concertos pódense atopar, a un prezo único de 20 euros, a través do servizo de venda de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es e 902 43 44 43), nas xanelas da Praza de Ourense ou no stand que dende onte colocou a entidade financeira na céntrica praza de Catro Camiños.

 

Tamén se habilitarán emprazamentos de venda na Universidade e nos aledaños do Coliseum nos días próximos ós concertos.

Os organizadores destacaron este programa de eventos dirixido á clientela máis nova da entidade.

 

Os clientes da caixa obterán beneficios coma un 25% de desconto no prezo da entrada se pagan coa tarxeta Visa NetClub nos servizos de Taquilla de Caixa Galicia. A oferta será válida nunha relación dunha localidade por tarxeta.

 

Asemade, García Diéguez anunciou que Caixa Galicia sorteará vinte entradas entre estos clientes, xunto con outras vinte entre os novos afiliados á gama NetClub que habiliten unha conta e tarxeta.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: